Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial do sector SUD-4.

Expte. FG Nº 618.

Por Resolución desta Alcaldía nº 2020004241 con data do 14 de outubro de 2020, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector SUD-4, en Santa Cruz-Coruxo de Arriba (documento R.E. Nº 202009265 do 20.7.2020) e o estudo de avaliación ambiental estratéxica do Plan parcial do sector SUD-4 (documento R.E. nº 2020004663 do 21.4.2020).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que xulguen oportunas.

Oleiros, 21 de outubro de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente