O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de setembro de 2020, resolución pola que se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/105/2017-RP1, por cumprimento da orde de demolición do 7.6.2019.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Ver_PDF, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística