Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43594

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de poxas de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2020.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e dando cumprimento ao artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Dar publicidade á resolución da concesión das axudas da Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á realización de poxas de gando selecto e se convocan para o ano 2020, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, art. 2.3.; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de poxas de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR562A).

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713C.760.0.

Crédito orzamentario: 65.000,00 €.

c) Finalidade:

A finalidade da orde é a promoción da comercialización de gando bovino selecto criado en Galicia, mediante o fomento da celebración dunha rede de poxas que se realizarán en diferentes puntos da xeografía galega cunha periodicidade acorde coa oferta de animais.

d) Destinatarios:

Os concellos de Galicia que organicen poxas de gando selecto que cumpran os requisitos sinalados no artigo 3 da orde.

e) Beneficiarios e importe concedido:

Nº expediente

Beneficiario

NIF/CIF

Contía

POXAS 2020/27/02

Concello de Chantada

P2701600E

2.723,27 €

POXAS 2020/15/01

Concello de Mazaricos

P1504600F

6.000,00 €

POXAS 2020/15/02

Concello de Ordes

P1506000G

3.000,00 €