Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 6917/2020).

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletin Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia resolución mediante a que se ordena a xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 21, 22 e 23 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e a concesión do trámite de audiencia por prazo de quince días durante os cales poderán os interesados alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen oportunas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, se atopan á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 horas ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral

6917/2020

27067A007002270000XE

Lugar Pé de Boi; polígono 7 parcela 227, Viveiro

Núñez Rodríguez, Ramón

27067A007002280000XS

Lugar Pé de Boi; polígono 7 parcela 228, Viveiro

Pérez Barreiro, José

27067A007002600000XI

Lugar Pé de Boi; polígono 7 parcela 260, Viveiro

Núñez Rey, Jesús

Viveiro, 16 de outubro de 2020

María Loureiro García
Alcaldesa