Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43267

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 21 de outubro de 2020 pola que se procede á ampliación dos prazos recollidos na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

Durante a execución das accións formativas financiadas con cargo a diversas convocatorias do período 2019-2020, entrou en vigor o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (DOG núm. 49 bis, do 12 de marzo). Pola súa vez, o Goberno de España ditou o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm. 67, do 14 de marzo), e o Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (BOE núm. 73, do 18 de marzo).

Por mor da situación excepcional creada pola pandemia de COVID-19 e das devanditas e sucesivas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España, adoptáronse unha serie de instrumentos e habilitáronse alternativas que permitiron a continuidade ordinaria da impartición das accións formativas financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego, coa finalidade de favorecer a normal execución das accións formativas, ampliar os prazos iniciais e establecer medidas de flexibilidade e de adaptación á situación xerada polo COVID-19, concretándose a través de diversas modificacións parciais no marco das ordes que regulan os procedementos TR301K, TR301P e TR302A, así como nos instrumentos xurídicos que dan cobertura á formación profesional para o emprego que se imparte na rede de centros da Xunta de Galicia.

No mesmo sentido, e como consecuencia do anterior, cómpre tamén dar cobertura ao alumnado que participa en cursos cuxo período de execución se prorrogou, de xeito que tamén se amplíen os prazos da orde de convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas, e logo do ditame do Consello Galego de Relacións Laborais,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do artigo 1, sobre o período das accións formativas que dan dereito ás subvencións

O punto 2 do artigo 1 da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V), queda redactado do seguinte xeito:

«2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o día da entrada en vigor desta orde e o 30 de novembro de 2020 (ambos incluídos)».

Artigo 2. Modificación do artigo 17, prazo de presentación de solicitudes

O punto 1 do artigo 17 da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V), sinalará o seguinte:

«1. A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 31 de decembro de 2020».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade