Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 20 de outubro de 2020, da Xefatura Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 68745/1554727, ditado a partir dunha denuncia en materia de baixa tensión.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para ser notificado á persoa solicitada que consta no anexo, con relación a un requirimento con base nunha denuncia en materia de baixa tensión; logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

Deberá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, para a súa notificación. Con carácter previo terá que solicitar cita previa ao Servizo de Administración Industrial en calquera dos seguintes números de teléfono: 986 80 52 34, 986 80 52 55.

No caso de que decida ser notificado telematicamente, poderá acceder mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia (Notifica.gal), no seguinte enlace web:

https://notifica.xunta.gal/notificacións/portal/login

En todo caso, o prazo será de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Así mesmo, comunícaselle que, en caso de non atender este emprazamento, poderá impoñérselle multa coercitiva, nos termos establecidos no artigo 35 da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Pontevedra, 20 de outubro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de denuncia: 68745/1554727.

Denunciado: Xabier Fernández González.

NIF: 36116838F.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.