Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO9847 e seis máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días a partir do día seguinte á notificación, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 2 de outubro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO9847

76512121E

Requirimento da emenda da solicitude

22.7.2020

CO227984

32945665M

Requirimento da emenda da solicitude

27.7.2020

CO228842

X2373775Z

Requirimento da emenda da solicitude

14.2.2020

CO228912

32277947T

Requirimento da emenda da solicitude

8.9.2020

CO229056

76272564X

Requirimento da emenda da solicitude

9.9.2020

CO229192

X7531206V

Requirimento da emenda da solicitude

8.9.2020

CO230026

32163411G

Requirimento da emenda da solicitude

11.9.2020