Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de xestión da biomasa vexetal.

Sendo preciso o cumprimento da obriga de xestión de biomasa vexetal e de retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 136 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e constando como descoñecidos os propietarios das parcelas a seguir descritas, dáselles audiencia aos titulares por un prazo de quince (15) días, para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Publícase o presente anuncio tanto no Diario Oficial de Galicia como no Boletín Oficial del Estado, e a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poden coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e do correspondente expediente no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, sitas na Praza do Concello, s/n, 27720 A Pontenova (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Localización da parcela

27048A016003040000HD

Polígono 16. Parcela 304. Cerrón do Marino. A Pontenova

27048A016005200000HL

Polígono 16. Parcela 520. Cerrón do Marino. A Pontenova

A Pontenova, 8 de outubro de 2020

Darío Campos Conde
Alcalde