Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 16 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social RL 2020/56.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia: seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito (8) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditado perante a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres (3) días hábiles desde a data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2020/56.

Data do trámite de audiencia: 25 de setembro de 2020.

Empresa: Abrite Integración, S.L.

Enderezo: rúa San Eufrasio, 7, baixo, 27002 Lugo.

Lugo, 16 de outubro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

(Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro)