Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativas Orensanas, S.C.G., para unha granxa de porcas reprodutoras (expediente 2019-IPPC-M-95).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, e consonte co sinalado na Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, durante a vixencia do estado de alarma (DOG núm. 84, do 4 de maio), sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-95.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0087_NAA/IPPC_112.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

Enderezo da instalación: lugar de Covelo-Tioira, s/n, 32700, concello de Maceda, Ourense (referencia da parcela 32044A051000110000UF).

Actividade principal: a explotación constitúe un núcleo de 4 naves con capacidade para 2.050 porcas reprodutoras cos seus leitóns ata 6 kg e 130 porcas de recría.

Verteduras: as augas residuais dos aseos e vestiarios canalízanse ás fosas de xurro e as augas pluviais incorpóranse limpas ao medio natural.