Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43070

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (códigos de procedemento MR436E e MR436F).

BDNS (Identif.): 530487.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas e xurídicas:

Atendendo ao punto anterior, poden ser beneficiarias destas axudas:

a) As persoas titulares das explotacións agrarias de flor cortada.

b) As persoas titulares dos viveiros de planta ornamental.

c) As asociacións, agrupacións, organizacións de produtores de flor cortada ou planta ornamental ou as persoas das alíneas anteriores, que realicen a comercialización dos produtos dos seus socios.

d) As persoas titulares de explotacións agrarias con orientación produtiva cárnica de vacún.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas axudas é garantir a continuidade da actividade empresarial nos sectores de flor cortada e planta ornamental e no de vacún de carne.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (códigos de procedemento MR436E e MR436F).

Cuarto. Importe

A axuda consistirá nun pagamento a tanto global segundo:

a) Axudas para a continuidade do sector de flor cortada, planta ornamental e a súa comercialización serán:

a. No caso de produtores, en función das unidades de traballo:

i. Menos de 0,5: 1.750 €.

ii. Entre 0,5 e menos de 1: 3.500 €.

iii. Máis de 1: 7.000 €.

b. No caso de comercializadores, en función do número de socios produtores, ou no caso de seren produtores que comercializan en función do número de unidades de traballo respectivamente:

i. Entre 1 e 5: 6.250 €.

ii. Entre 6 e 10: 18.750 €.

iii. Entre 11 e 15: 31.250 €.

iv. Entre 16 e 20: 43.750 €.

v. Máis de 20: 50.000 €.

b) Axudas para a continuidade do sector de vacún de carne. A contía individualizada da axuda para cada persoa titular calcularase en función dos seguintes tramos de vacas nutrices presentes na explotación na data sinalada:

i. 10 a 19 nutrices: 900 €.

ii. 20 a 29 nutrices: 1.250 €.

iii. 30 a 39 nutrices: 1.750 €.

iv. 40 a 49 nutrices: 2.250 €.

v. 50 a 59 nutrices: 2.750 €.

vi. 60 a 69 nutrices: 3.250 €.

vii. 70 a 79 nutrices: 3.750 €.

viii. 80 a 89 nutrices: 4.250 €.

ix. 90 a 99 nutrices: 4.750 €.

x. 100 a 109 nutrices: 5.250 €.

xi. 110 a 119 nutrices: 5.750 €.

xii. 120 a 129 nutrices: 6.250 €.

xiii. 130 a 139 nutrices: 6.750 €.

xiv. 140 ou máis nutrices: 7.000 €.

O importe máximo da axuda non poderá superar os 7.000 € por produtor e os 50.000 € por peme comercializadora.

As persoas solicitantes poderán beneficiarse das axudas por produtor e por comercializador se reúnen os requisitos para cada unha delas.

No caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para facer fronte a todos os beneficiarios, procederase ao rateo, segundo o establecido no artigo 19.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo a criterios de proporcionalidade.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias