Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42959

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de extracto da convocatoria e das bases para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo denominado asesor/a técnico/a, adscrito ao Servizo de Contratación e Fomento.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) núm. 242, do 22 de outubro de 2020, publicáronse integramente a convocatoria e as bases para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo, que a seguir se relaciona:

Asesor/a técnico/a, reservado a réxime funcionarial, adscrito ao Servizo de Contratación e Fomento, sendo requisito para participar pertencer á escala de administración xeral, subescala técnica ou de xestión, o escala de administración especial, técnicos superiores e técnico medios, segundo o sistema de clasificación vixente nas administracións locais, persoal funcionario doutros corpos ou escalas correspondentes a outras administracións públicas, grupo A1/A2.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no BOP de Lugo.

Lugo, 22 de outubro de 2020

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado de Promoción Económica e Social