Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42698

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2020 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Resolución do 22 de setembro de 2020.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica mediante a Resolución do 22 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/á empregado/a público/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Resolución deste instituto do 22 de setembro de 2020.

Segundo. O cesamento no actual destino do/da empregado/a público/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o/a empregado/a público/a está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles senón implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o/a empregado/a público/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: Souto Iglesias, Fernando.

Número de rexistro de persoal: 4480797302 A2060.

Grupo/Subgrupo: A.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código de posto: IN.IGAPE.00.002.4050112.

Denominación: subdirector/a económico-financeiro.

Consellería: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica.

Localidade: Santiago de Compostela.