Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 13 de outubro de 2020 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/138/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Amalia Peteiro Rodríguez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/138/2019-RP1, en relación coas obras de execución de dúas edificacións con tipoloxía de uso residencial, levadas a cabo no lugar de Moas, na parroquia de San Pedro de Benquerencia, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

O expediente relacionado está á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e as informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística