Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42422

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se modifica o anexo da Resolución do 8 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, no artigo 26 do anexo I da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2020 (IN519B), procedeuse por medio da Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 8 de xullo de 2020 á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da dita orde.

Mediante a Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2.7.2020, resolveuse a orde de convocatoria e constituíuse unha lista de agarda cos expedientes que non resultaron beneficiarios. A data límite do período de vixencia da dita lista, establecida pola antedita resolución, foi o 30.9.2020.

Antes do peche da lista de agarda, recibiuse a renuncia dun dos concellos beneficiarios á axuda concedida, o que implicou a existencia de crédito dispoñible. De acordo co establecido no artigo 15.2 das bases reguladoras e cos requisitos establecidos no punto Condicións xerais para os expedientes que conforman a lista de agarda da Resolución do 2.7.2020, a lista foi atendida por rigorosa orde de puntuación e cando existise crédito axeitado e suficiente para atender a totalidade do importe de subvención asignado á solicitude. De acordo con isto, concedeuse a axuda á solicitude que figuraba no primeiro posto da lista de agarda.

Procédese por medio desta resolución á publicación dos beneficiarios definitivos das axudas outorgadas pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Emprego e Innovación ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019. No anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas. A lista inclúe os beneficiarios que renunciaron á subvención.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía da axuda (€)

Concello de Arbo

P3600100F

IN519B 2020/47-0

Mellora de infraestruturas no parque empresarial de Arbo.

22.148,55 €

Concello de Boqueixón

P1501200H

IN519B 2020/70-0

Renovación de beirarrúas interiores no polígono de Sergude.

94.029,00 €

Concello de Cambre

P1501700G

IN519B 2020/16-0

Renovación do emisario da rede de saneamento do polígono industrial do Espíritu Santo (tramo a Marisqueira).

103.527,33 €

Concello do Carballiño

P3202000J

IN519B 2020/85-0

Creación de puntos para a xestión de residuos na área industrial do Carballiño.

36.821,49 €

Concello de Carballo

P1501900C

IN519B 2020/31-0

Mellora de hidrantes no polígono industrial de Bértoa.

69.215,75 €

Concello de Cervo

P2701300B

IN519B 2020/48-0

Xestión de residuos procedentes do polígono industrial.

120.000,00 €

Concello de Cervo

P2701300B

IN519B 2020/29-0

Vía con aparcamentos para área de acceso á EDAR do polígono industrial de Cuíña.

110.987,54 €

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2020/13-0

Infraestrutura viaria accesos

sur-oeste no parque empresarial de Coirós.

66.286,77 €

Concello de Cortegada

P3202800C

IN519B 2020/78-0

Infraestrutura viaria de acceso ao parque empresarial de Cortegada.

87.537,61 €

Concello de Cospeito

P2701500G

IN519B 2020/79-0

Ampliación, ensanche e mellora do acceso sur-este ao polígono industrial de Muimenta.

39.706,22 €

Concello de Dozón

P3601600D

IN519B 2020/39-0

Mellora de beirarrúas, sinalización e vías de aceso no polígono industrial de Dozón.

56.161,82 €

Concello de Dozón

P3601600D

IN519B 2020/38-0

Mellora da infraestrutura dos colectores de saneamento no polígono industrial de Dozón.

81.889,42 €

Concello de Fene

P1503600G

IN519B 2020/80-0

Reparación do pavimento do acceso ao polígono de Vilar do Colo desde a estrada DP-3501.

120.000,00 €

Concello da Gudiña

P3203500H

IN519B 2020/02-0

Mellora do saneamento.

81.664,81 €

Concello da Lama

P3602500E

IN519B 2020/08-0

Mellora das infraestruturas viarias no parque empresarial de Racelo.

38.455,31 €

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

IN519B 2020/23-0

Mellora de infraestruturas viarias no polígono industrial do Reboredo.

72.887,50 €

Concello de Moraña

P3603200A

IN519B 2020/64-0

Pavimentación da vía de acceso ao polígono industrial de Mirallos.

8.055,50 €

Concello de Moraña

P3603200A

IN519B 2020/60-0

Pavimentación de vías no polígono industrial de Monte Afieiras.

53.558,18 €

Concello de Ordes

P1506000G

IN519B 2020/22-0

Renovación de infraestruturas viarias no polígono de Merelle.

120.000,00 €

Concello de Oroso

P1506100E

IN519B 2020/55-0

Mellora do pavimento na rúa Otero Pedraio (parque empresarial).

66.214,06 €

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

IN519B 2020/84-0

Mellora das infraestruturas viarias de acceso ao parque empresarial de Outeiro de Rei.

112.358,51€

Concello de Ribeira

P1507400H

IN519B 2020/33-0

Pavimentación da vía e beirarrúas no polígono industrial de Xaras.

93.223,04 €

Concello da Rúa

P3207300I

IN519B 2020/20-0

Infraestrutura viaria (vía 2) no polígono industrial As Pedreiras.

113.659,12 €

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

IN519B 2020/05-0

Pavimentación de vías no polígono industrial.

80.255,85 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2020/36-0

Mellora da rede troncal de videovixilancia no polígono de Barreiros.

39.894,66 €

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2020/66-0

Infraestrutura viaria no polígono industrial de San Cristovo de Cea.

120.000,00 €

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2020/65-0

Sistema de protección contra incendios no polígono industrial de San Cristovo de Cea.

120.000,00 €

Concello de Santa Comba

P1507800I

IN519B 2020/83-0

Saneamento e depuración do parque empresarial de Santa Comba. Reparación e posta en marcha da EDAR de Braña Rica.

120.000,00 €

Concello do Saviñao

P2705800G

IN519B 2020/03-0

Acondicionamento dos accesos e melloras no parque empresarial do Peago.

40.893,16 €

Concello de Silleda

P3605200I

IN519B 2020/69-0

Infraestrutura viaria no polígono industrial área 33.

84.875,96 €

Concello de Valga

P3605600J

IN519B 2020/30-0

Mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial de Campaña.

95.960,10 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2020/41-0

Instalación de hidrantes no polígono empresarial de Tamallancos.

38.680,95 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2020/14-0

Melloras viarias no acceso e nas vías do polígono empresarial de Tamallancos.

33.675,47 €

Concello de Vilar De Santos

P3209100A

IN519B 2020/89-0

Mellora da infraestrutura viaria do parque empresarial de Santa Marta.

19.342,40 €