Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42459

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 15 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN200A).

BDNS (Identif.): 528419.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 13.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

Premio Artesanía de Galicia 2020.

Dotación de 9.000 euros e trofeo acreditativo.

Premio Traxectoria 2020.

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

Premio Bolsa Eloy Gesto 2020.

Bolsa de formación de 4.000 euros e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de novembro de 2020 e remata ás 14.30 horas do 27 de novembro de 2020.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo