Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42254

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DECRETO 173/2020, do 15 de outubro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo ás designacións formalizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e pola Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do quince de outubro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación da Administración educativa, por designación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade:

Jesús Oitavén Barcala.

Manuel Corredoira López.

José Manuel Pinal Rodríguez.

2º. En representación de pais e nais de alumnos/as de ensino privado, por proposta da Congapa:

María Paz García Fernández.

Artigo 2

Nomear membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º. En representación da Administración educativa, por designación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade:

Manuel Vila López.

José Luis Mira Lema.

José Manuel Álvarez Bértolo.

2º. En representación de pais e nais de alumnos/as de ensino privado, por proposta da Congapa:

Patricia Pérez Marín.

María Eugenia Díaz-Velarde Hurtado.

Artigo 3

O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que teñen.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de outubro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade