Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os expedientes sancionadores por infracción do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (expediente PO 23/2019-RAE e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo mediante este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 28 de setembro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesados

Expediente

Acto

Concello

Luis María Losada Vaquero

PO 23/2019-RAE

Resolución

Pontevedra

José Ramón Crespo López

PO 42/2019-RAE

Resolución

Marín

Cdad. Prop. Edificio Juan Carlos I

PO 43/2019-RAE

Resolución

Vilagarcía de Arousa

Cdad. Xral. Prop. Vista Alegre, 25

PO 54/2019-RAE

Resolución

Vilagarcía de Arousa

Cdad. Prop. Urzaiz, 124

PO 57/2019-RAE

Resolución

Vigo

Cdad. Prop. Avda. Vigo, 216

PO 61/2019-RAE

Resolución

Redondela

Cdad. Prop. Virgen del Camino, 1

PO 6/2020-RAE

Acordo de inicio

Pontevedra