Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42103

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 14 de outubro de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT238A).

O 5 de agosto de 2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 156 a Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT238A).

Posteriormente o 13 de agosto de 2020 publicouse unha corrección de erros a esta Orde no Diario Oficial de Galicia número 162.

O artigo 20 das bases regulan a xustificación. No parágrafo 2.2.1 establécese que para o pagamento, os beneficiarios deben presentarse antes do 1 de novembro de 2020, a documentación que se enumera.

O artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.

O artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.

Tendo en conta que a convocatoria de subvencións aínda non está resolta, xa que as solicitudes presentadas desbordaron todas as expectativas, e dada a proximidade do prazo de xustificación establecido na orde da convocatoria, 1 de novembro de 2020, considérase necesario introducir modificacións no artigo 20.2.1 da Orde do 27 de xullo de 2020 e ampliar o prazo de xustificación, de tal xeito que os beneficiarios das axudas poderán presentar a xustificación dos gastos ata o 15 de decembro de 2020, sen que con iso se cause prexuízos a terceiros.

En consecuencia procede levar a cabo a modificación da orde, no sentido de ampliar o prazo de xustificación sinalado no artigo 20.2.1 das bases da convocatoria ata o 15 de decembro de 2020, quedando sen variacións os restantes artigos.

Polas razóns expostas.

RESOLVO:

Modificar a data límite de xustificación establecida no artigo 20.2.1 das bases da convocatoria, ampliando o prazo ata o 15 de decembro de 2020.

En consecuencia o artigo 20.2.1 das bases da convocatoria, quedaría redactado do seguinte xeito:

2.1. Para o pagamento debe presentarse antes do 15 de decembro de 2020, obrigatoriamente, a seguinte documentación:

Quedando o resto do artigo sen variacións.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade