Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a ampliación, a adecuación e a mellora de explotación do vaso número 2 do complexo xestor de residuos inertes e non perigosos, titular Xilo Galicia, S.L., localización concello das Somozas (A Coruña) (expediente 2018-IPPC-M-116).

Para os efectos previstos no artigo 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisions industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espacio de trinta (30) días hábiles, contados a partir do siguiente ao da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por Xilo Galicia, S.L. para solicitar a modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a a ampliación, a adecuación e a mellora de explotación do vaso nº 2 do complexo xestor de residuos inertes e non perigosos nas Somozas, co fin de que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, as suxestións ou as observacións que considere convenientes.

A documentación poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, as suxestións ou as observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Xilo Galicia, S.L.

NIF: B36840387.

Domicilio social: Camiño do Caramuxo, núm. 65, baixo, Políg. Zies, Vigo (Pontevedra).

Localización da instalación: Marván-Seixas, s/n, voncello das Somozas (A Coruña).

Modificación solicitada: execución dunha ampliación, adecuación e mellora do vaso nº 2 do complexo xestor.

Epígrafe de actividade (modificación da autorización ambiental integrada): anexo I, 5.5).

Categoría de proxecto (avaliación ambiental): anexo I, grupo 8.a.

Descrición da modificación: a empresa pretende realizar unha modificación de proxecto consistente na ampliación da superficie de ocupación do vaso nº 2, excluíndo os viais perimetrais da cela 2, en aproximadamente 8.769,00 m2, mediante o incremento do volume neto de enchido no vaso nº 2 de 238.970,50 m3.

Verteduras: no complexo xestor de residuos inertes e non perigosos existen redes separativas para a recollida dos diferentes efluentes de augas residuais xeradas.