Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (EXT 89/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 89/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Cerqueiro Fernández contra a empresa Panadería Mollabao, S.L. e Francisco Martínez Duarte, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Auto en que se despacha execución, do 25.9.2020, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

Dilixencia de ordenación do 25.9.2020 e decreto do 30.9.2020, ambos impugnables en revisión no prazo de tres días, os cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería Mollabao, S.L. e Francisco Martínez Duarte, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza