Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Jaime Opazo Blanco y Otros, S.C. para unha explotación porcina de ceba de porcos situada en Parada de Ribeira, no concello de Xinzo de Limia (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-67).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31.12.2016), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Revisión da autorización ambiental integrada.

Explotación intensiva porcina para 2.975 prazas no lugar de Parada de Ribeira, concello de Xinzo de Limia (Ourense).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-67.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0133_NAA/IPPC_094.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b, do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Jaime Opazo Blanco y Otros, S.C.

NIF: J32115529.

Localización da instalación: Parada de Ribeira, 32635 Xinzo de Limia (Ourense).

Referencia catastral da parcela: 32033A501107980000BR.

Actividade principal: explotación porcina de ceba.

Descrición: a explotación está formada por 5 naves operativas con capacidade para 2.975 prazas para porcos de ceba.

Os animais entran na explotación cun peso aproximado de 20 kg e dous meses de idade. Na explotación son criados en currais formando grupos de varios individuos, onde permanecen 110 días ata acadar un peso de 100-110 kg, momento no cal son enviados ao matadoiro. Ao finalizar o ciclo produtivo procédese á limpeza e desinfección das instalacións.

A totalidade do xurro producido na explotación é valorizado en parcelas agrícolas. A explotación conta con catro fosas exteriores de formigón armado e cubertas para o almacenamento dos xurros, ademais de fosas interiores nas naves de produción.

Verteduras: as augas de limpeza das instalacións e as augas xeradas nos aseos e vestiarios son enviadas, xunto cos xurros producidos na explotación, ás fosas de almacenamento de xurros para a súa posterior xestión conxunta. As augas pluviais son vertidas directamente ao terreo.