Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boqueixón (expediente-e IN407A 2020/108-1).

Expediente-e: IN407A 2020/108-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT CT RBT Milleirós-Lestedo.

Concello: Boqueixón.

Feitos:

1. O 16.6.2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os documentos seguintes:

– Proxecto de execución denominado: LMT CT RBT Milleirós-Lestedo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de acordo co artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. De acordo ao establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Boqueixón, deputación e Patrimonio Cultural.

UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Boqueixón.

Non consta no expediente contestación da deputación nin de Patrimonio Cultural á solicitude de condicionado nin á reiteración.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente de acordo co establecido no artigo 66.a) do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conforme a disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

2. A lexislación aplicable a este expediente é:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Retensado do tramo de liña de media tensión aérea PAI802, a 20 kV, cunha lonxitude de 272 m, con orixe no apoio existente nº 78-21, condutor LA-30 (existente) e final no apoio existente nº 78-23.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 530 m, coa orixe en novo apoio nº 78-22, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, e final no centro de transformación proxectado.

– Instalación de interruptor telecontrolado no novo apoio nº 78-22.

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Mediante este documento notificáselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de setembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.