De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei as ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren na sede desta xefatura territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 30 de setembro de 2020
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Precepto infrinxido |
Estrada |
039/20 |
José Enrique Louzán Regueira |
Incoación expediente |
61.3.c) |
PO-532, Pontevedra-Pontecaldelas |
041/20 |
Juan Avelino Torres Cannas |
Incoación expediente |
61.1.a) |
PO-308, Pontevedra-A Lanzada |