De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Hros. Antonio Iglesias Cabeza o Acordo do 11 de xuño de 2020 que fixa o prezo xusto do predio número 10 B, sito en Carballo, relativo ao proxecto 01706 (expediente 2019/001288), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01706-Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. Clave: AC/10/140.01.75. Tm Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo.
Nº de expediente: 2019/001288.
Persoa/s que se vai notificar: Hros. Antonio Iglesias Cabeza.
Expropiante: Cim. Servizo Provincial da AXI da Coruña.
Expropiado/s: Hros. Antonio Iglesias Cabeza.
Beneficiario: Autoestrada Costa da Morte, S.A. (Soc. Conc. Xunta de Galicia).
Predio nº: 10 B.
Concello: Carballo.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do xurado: 174,47 €.