Mediante a Resolución da Alcaldía 2020-0514, do 23 de setembro, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Vilaboa, que contén o seguinte posto de traballo:
Grupo |
Denominación |
Escala |
Subescala |
Natureza xurídica |
Acceso |
Sistema |
Nº de prazas |
C1 |
Policía local |
Administración especial |
Servizos especiais |
Funcionario de carreira |
Libre |
Oposición |
1 |
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Vilaboa, 24 de setembro de 2020
César Poza González
Alcalde