Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 350/2019 deste xulgado do social se ditou sentenza con data do 22 de setembro de 2020 contra a cal non cabe recurso ningún, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita sentenza na Secretaría do citado órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Elda Jérez Noa, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 28 de setembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza