Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 19 de outubro de 2020 Páx. 41753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, procedemento abreviado 202/2020.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 202/2020 (procedemento abreviado), de Ruth Doniz Guedella, interposto contra a Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG número 34, do 19 de febreiro).

Reclámase a epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos