De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Carmen Insua Muñiz o Acordo do 25 de xuño de 2020 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito en Zas, relativo ao proxecto 01880 (expediente 2020/000058), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01880, Parque Eólico de Mouriños.
Expediente IN661A 2011/10-1
Número de expediente: 2020/000058.
Persoa que se vai a notificar: Carmen Insua Muñiz.
Expropiante: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xefatura Territorial da Coruña.
Expropiada: Carmen Insua Muñiz.
Beneficiaria: Naturgy Wind, S.L.U.
Predio número: 1.
Concello: Zas.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do xurado: 24.292,52 €.