Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 29 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PA 142/2020 e PO 137/2020 fronte á Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, relativo ao recurso contencioso-administrativo PA 142/2020, e do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, relativo ao recurso contencioso-administrativo PO 137/2020, en que solicitan o emprazamento dos interesados nos anteriores procedementos fronte á Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 224, do 25 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos aos referidos xulgados. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos destes xulgados no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte a o da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública