Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas a partir de aceites vexetais que Masol Iberia Biofuel, S.L.U. posúe no concello de Ferrol, A Coruña (expediente 2020-IPPC-M-2).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documento titulados:

– Revisión de MTD.

– Revisión de MTD. Resumo non técnico.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-2.

Peticionario: Masol Iberia Biofuel, S.L.U.

CIF: B86762903.

Enderezo social: vía Laietana, nº 47, p. 3, pta.1, 08003 Barcelona.

Localización da instalación: 2ª fase Porto Exterior, Cabo Prioriño Chico, 15590 Ferrol (A Coruña).

Actividade: produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas a partir de aceites vexetais, englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 4.1.b) Instalación químicas para a fabricación de produtos químicos orgánicos, en particular, hidrocarburos oxixenados, tales como alcois, aldehidos, cetonas, ácidos orgánicos, ésteres e mesturas de ésteres acetatos, éteres, peróxidos, resinas epoxi.

Xustificación: o motivo da solicitude da revisión da autorización ambiental integrada é a publicación, o 7 de decembro de 2017, no Diario Oficial da Unión Europea da Decisión de execución da Comisión do 21 de novembro de 2017 pola que se establecen as conclusións sobre as melloras técnicas dispoñibles conforme a Directiva 210/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello na industria química orgánica de gran volume de produción. Polo tanto, o 7 de decembro de 2021 a dita autorización ambiental integrada ten que estar revisada con base no contido desta decisión.

Descrición do proceso: a planta consta dunha sección de pretatamento ou refinaría onde se purifica o aceite e outra sección de biodiésel ou transesterificación, onde mediante o proceso químico de transesterificación a glicerina do aceite se substitúe por un alcol, do que resulta un ácido graxo de éster metílico (FAME) e glicerina.

Verteduras:

• Augas residuais industriais do proceso: son tratadas na depuradora antes da súa vertedura ao mar a través da rede de pluviais do Porto Exterior de Ferrol.

• Augas residuais procedentes de purgas e dos rexeitamentos de descalcificación da auga bruta: son bombeadas á EDARI para a súa depuración previamente á vertedura.

• Augas residuais pluviais: envíanse a un tanque de tormentas. As augas xeradas nos primeiros minutos envíanse á EDARI e o resto derívanse a un separador de hidrocarburos antes da súa vertedura a través da rede de pluviais do porto.

• Augas residuais fecais: as procedentes do edificio administrativo son canalizadas á rede de saneamento do porto e o resto envíanse á EDARI.