Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 40036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 29 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2019/244-1, no concello de Narón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada soterramento LMT, DC CRN704B-707 entre os apoios D8 e CR Lagoas, no concello de Narón (expediente IN407A 2019/244-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

A Coruña, 29 de setembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/244-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: soterramento LMT, DC CRN704B-707 entre os apoios D8 e CR Lagoas.

Concello: Narón.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data da ocupación

1

Arriba

Descoñecida

30.9.2020