Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 39986

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 172/2020, do 1 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Narón, de dous treitos antigos da estrada provincial DP-5401 Narón ao polígono Río do Pozo por Castro.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón, no artigo 9.7, que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Narón solicita á Deputación Provincial da Coruña o cambio de titularidade de dous treitos do antigo trazado da estrada DP-5401, Narón ao polígono Río do Pozo por Castro (tramo que vai desde a AC-566 á nova DP-5401) na aldea de Borreiros.

O Pleno da Corporación da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de xullo de 2020, aceptou a transferencia de titularidade dos treitos que se define no artigo 1, xa que se trata de treitos antigos da estrada DP-5401 que carecen de funcionalidade dentro da Rede provincial da Coruña.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de outubro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Narón de:

Clave

Denominación

Coordenadas inicio

UTM (ETRS89)

Coordenadas remate UTM (ETRS89)

DP-5401-1R

DP-5401-2R

(treitos antigos da DP-5401)

Treitos antigos da estrada de Narón ao polígono Río do Pozo por Castro

X=566.526

Y=4.820.788

X=566.095

Y=4.820.764

X=565.832

Y=4.820.720

X=565.584

Y=4.820.802

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Narón deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre o Concello e a Deputación.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Narón, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de outubro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade