De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:
Instalación: centro de tratamento de residuos |
Autorización ambiental integrada |
Titular: Recuperaciones Ecolex, S.L.U. |
Expediente: 2017-IPPC-I-132 |
Localización: Padrón (A Coruña) |
Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-I-132-338 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático