Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 40024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 52/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 52/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Valentín Benito Fernández Rodríguez contra a empresa Alonga Rehabilitaciones, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto de insolvencia no día da data impugnable en revisión no prazo de tres días, o que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alonga Rehabilitaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza