Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 40033

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 41/2020).

Declaración de insolvencia:

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 41/2020, por instancia de Alba Bóveda Leiro, José Manuel Rúan López, Samuel Rodríguez Viturro, contra a executada Nuria Moledo Sobrado, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 23 de setembro de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, por importe de 7.978,1 euros en concepto de principal (1.683,59 euros a Alba Bóveda Leiro+4.644,51 euros a José Manuel Rúan López+1.650 euros a Samuel Rodríguez Viturro), máis 1.108,87 euros de xuros de mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (225,99 euros a Alba Bóveda Leiro+623,43 euros a José Manuel Rúan López+259,45 euros a Samuel Rodríguez Viturro), máis 908,70 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional e de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza