Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 40011

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se modifica o tipo de vínculo das prazas convocadas na especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, que constan no anexo do anuncio do Diario Oficial de Galicia número 200, do 2 de outubro de 2020, polo que se convocan para vinculación temporal diversas prazas de persoal licenciado sanitario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 123, do 30 de xuño de 2016), e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o tipo de vínculo das prazas convocadas na especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, que figuran no anexo do anuncio do DOG nº 200, do 2 de outubro de 2020, polo que se convocan para vinculación temporal diversas prazas de persoal licenciado sanitario, que queda como consta no anexo desta resolución.

Segundo. Modificar o tipo de vínculo das prazas convocadas na especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, que figuran no anexo I da Resolución do 18 de decembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se convocan para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas de persoal licenciado sanitario na categoría de facultativo especialista de área, que queda como consta no anexo desta resolución.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria, na especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, que constan no anexo desta resolución, presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de outubro de 2020

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Especialidade

Grupo

Prazas

Centro

Anxioloxía e Cirurxía Vascular

A1

1 reserva de praza

1 interinidade en praza vacante

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés