Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 40062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de setembro de 2020, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador VP-C 99/19.

Ao non ser posible a notificación persoal por ignorarse o lugar da notificación, nos termos establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 24 de setembro de 2020

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto obxecto notificación

VP-C 99/19

33260597K

Resolución