Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, seis prazas vacantes de operarios.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 135, do 16 de xullo de 2020, publicouse o anuncio relativo ás bases que rexerán a convocatoria pública do proceso selectivo para cubrir interinamente, mediante contrato de duración determinada de interinidade, seis (6) prazas vacantes de operarios, polo sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se prorrogará ata o primeiro día hábil seguinte se o prazo remata nun día inhábil.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 19 de agosto de 2020

Eva García de la Torre
Alcaldesa