Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39751

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (Diario Oficial de Galicia número 173, do 12 de setembro).

Conforme o establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, as entidades beneficiarias, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Igualmente, o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que se publicará a concesión das subvencións, e no artigo 12.2 da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C) determínase que a concesión dos premios e das mencións especiais será publicada no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento dos devanditos preceptos legais e regulamentarios,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia os premios concedidos en virtude da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C), publicada no DOG núm. 173, do 12 de setembro.

O importe total dos premios ascende a 77.500,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.460.1 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, distribuída entre as tres categorías de premios e polas respectivas contías que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración local

ANEXO

Premios á dinamización demográfica 2019

Categoría

Entidade

Proxecto premiado

Importe do premio

1º premio

Concello da Veiga

Implementación de medidas transversais de desenvolvemento rural no Concello da Veiga: política de necesidades

40.000,00 €

2º premio

Concello de Parada de Sil

Proxecto de rehabilitación de vivendas e casa de lecer para nenos

25.000,00 €

3º premio

Concello de Cervo

Proxecto de dinamización demográfica do Concello de Cervo

12.500,00 €

Total

77.500,00 €