Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o levantamento de suspensión do procedemento e audiencia en relación co expediente sancionador SAN-LU-0011/2019-BA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 23 de setembro de 2020

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0011/2019-BA.

CIF/NIF interesado/a: 33349438J.

Acto notificado: levantamento de suspensión da tramitación do procedemento e audiencia.