Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá publicidade do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión da explotación Oportuna número 4086-1.8.1, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e artigo 37, punto 1, e o Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, e da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría en Galicia, artigo 23.4, faise público o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración relativo á concesión de explotación Sección C Oportuna número 4086-1.8.1, no Concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido polo Grupo de Casayo, S.A.

Os proxectos pódense consultar, durante o prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º) e no seguinte enlace web da consellería:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras#ocms_151214

Ourense, 28 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense