Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica o requirimento para completar a solicitude de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2020/1721-3 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase ao dispor das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.

Transcorrido o devandito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 21 de setembro de 2020

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2020/1721-3

76732894B

PR204A 2020/2305-3

34904937E

PR204A 2020/2348-3

34985964C

PR204A 2020/2351-3

Y2309247S

PR204A 2020/2552-3

Y2309275C