Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39617

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o ano 2020, pola que se encarga á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización do informe de comparación de modelos de circulación co clima marítimo actual (actividade 2, MarRisk).

1. Encomenda de xestión.

– Actividade. A encomenda comprende os traballos para a realización dun informe de comparación de modelos de circulación co clima marítimo actual.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga).

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o día seguinte ao da súa sinatura, sendo o prazo máximo o 30 de outubro de 2020.

– Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade de catorce mil oitocentos cincuenta e tres euros con oitenta e cinco céntimos (14.853,85 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 07.02.541E.640.1.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda