Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39662

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 8/2020 da mesma data de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a de unidade de Hospitalización de Dixestivo e Cirurxía Xeral e Dixestiva.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e na Orde do 29 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de supervisor/a de unidade de Hospitalización de Dixestivo e Cirurxía Xeral e Dixestiva, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberanse presentar en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 2 de outubro de 2020

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto:

1. Supervisor/a de unidade de Hospitalización de Dixestivo e Cirurxía Xeral e Dixestiva.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.