Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 199/2019).

Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 199/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Hombre Tuñas contra Colegio Juniors, S.L., Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Colegio Juniors, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 90.687,66 euros en concepto de principal (69.937,09 euros en concepto de indemnización, 18.091,9 euros en concepto de salarios de tramitación, 2.424,22 euros en concepto de salarios, 234,45 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 9.068,76 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Colegio Juniors, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza