Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39340

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o ano 2020, pola que se encarga á Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) o servizo de mantemento da Rede océano-meteorolóxica de Galicia.

1. Encomenda de xestión.

– Actividade: a encomenda ten por obxecto a execución do servizo de mantemento da rede de estacións océano-meteorolóxicas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a entidade Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e segundo a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o día da súa sinatura e o prazo máximo é o 31 de decembro de 2020 ou ata a total execución das unidades orzadas.

– Importe e modalidade de financiamento: o importe da encomenda ascende á cantidade de trinta e seis mil euros (36.000 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 07.02.541E.633.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda