Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Safety Kleen España, S.A., para o centro de transferencia de residuos (CTR) situado no Polígono Industrial do Tambre, concello de Santiago de Compostela (expediente 2019-IPPC-M-198).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Revisión da AAI do centro de transferencia de residuos de Safety Kleen no Polígono Industrial do Tambre. Santiago de Compostela. Maio 2020.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-198.

Número de autorización ambiental integrada: 2014-IPPC-68-282.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 5.6.

Titular: Safety Kleen España, S.A.

CIF: A-78099660.

Enderezo do titular: rúa Campezo, 1, edificio 4, 3º A, 28022 Madrid.

Enderezo da instalación: Polígono Industrial do Tambre, vía Diesel, R7-R8, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Actividade principal: prestación de servizos de limpeza industrial mediante depósito de máquinas con disolventes e produtos acuosos, así como a xestión de residuos perigosos e non perigosos.

Descrición das instalacións: as liñas de produción con que conta o centro de transferencia de residuos (CTR) son:

• A subministración de equipamentos de limpeza de pezas metálicas, sobre todo a talleres e unidades de mantemento industrial, en réxime de alugamento.

• A subministración de produtos químicos, fundamentalmente disolvente non haloxenado (o CTR actúa como provedor de disolvente para o emprego en equipos tipo parts-cleaner).

• A xestión de residuos perigosos e non perigosos (líquidos ou sólidos): tras ser segregados almacénanse e entréganse a xestor final.

Verteduras:

• Augas pluviais: son canalizadas á rede de pluviais do polígono industrial.

• Augas sanitarias: son canalizadas á rede de saneamento do polígono industrial.

• Augas residuais industriais: son enviadas a un xestor autorizado.