Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 2 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións de recursos de alzada no procedemento BS626F, de competencia desta xefatura territorial (expediente 36060003617 e once máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos recursos de alzada no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificadas ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte á notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de setembro de 2020

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS626F

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución do recurso e data

32422939T

36060003617

Desestimación 17.4.2019

Y0075587T

36038003217

Desestimación 3.4.2019

36111600J

36057112918

Desestimación 16.1.2019

35410417P

36017001417

Desestimación 3.4.2019

36131859D

36045000517

Desestimación 26.2.2019

35324132L

36058000217

Desestimación 30.5.2019

Y5275273F

36057106118

Desestimación 13.6.2019

76865659G

36022001517

Desestimación 13.6.2019

77547286A

36027001017

Desestimación 26.4.2019

78733409Q

36057099012

Desestimación 13.12.2019

77421838C

36038003919

Desestimación 4.2.2020

X4573884N

36024007015

Desestimación 4.3.2020