Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 39275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 21 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan para o trámite de audiencia as persoas interesadas no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2014/0059 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse para o trámite de audiencia as persoas indicadas no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben porque se descoñece o lugar en que practicar a correspondente notificación, ben porque, intentada a notificación persoal, esta non se puido realizar.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consideren pertinentes. Para iso poden consultar os seus respectivos expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditaranse as resolucións que procedan en cada caso.

Lugo, 21 de setembro de 2020

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Orde do 11.1.2018)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe do Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE

Procedemento

LU-2014/0059

34286690S

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2017/0096

33308903G

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2018/0097

Y6482753X

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia